Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comeza a montaxe da exposición Percorrer o Tempo na praza Horta do Seminario

Comeza a montaxe da exposición Percorrer o Tempo na praza Horta do Seminario

A exposición camiño desde o punto de vista de distintos artistas visuais

Percorrer o Tempo está organizada pola fundación bancaria La Caixa e a Xunta de Galiza, enmarcada na programación do Xacobeo e conta coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Museos e exposicións,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Luns, 08 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comeza a montaxe da exposición Percorrer o Tempo na praza Horta do Seminario

Hoxe comezou a montaxe da exposición Percorrer o Tempo na praza Horta do Seminario. A mostra amosa o Camiño de Santiago baixo a mirada de distintos artistas visuais, e está organizada pola Xunta de Galiza e a fundación bancaria La Caixa, dentro das actividades enmarcadas na programación do Xacobeo, e conta coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo.

A mostra chega a Lugo tras o seu paso pola cidade da Coruña, onde permanecerá ata novembro. Inaugurarase o vindeiro xoves 11 novembro e permanecerá na praza Horta do Seminario ata o 2 de xaneiro de 2022. A itinerancia continuará ata xullo de 2022, pasando por Ourense, Vigo e Compostela.

O traballo fotográfico e audiovisual exponse en 6 grandes contedores de barco habilitados como salas de proxección, onde poden contemplarse  secuencias de imaxes, curtametraxes ou formatos híbridos de fotografía e vídeo. A viaxe entre os diferentes contedores e contidos é un reflexo da propia viaxe dos autores para realizar os seus proxectos, así como o transitar propio do Camiño.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comeza-montaxe-da-exposicion-percorrer-o-tempo-na-praza-horta-do-seminario