Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Comeza a funcionar o novo alumeado da Avenida Filharmónica Lucense

Comeza a funcionar o novo alumeado da Avenida Filharmónica Lucense

Instaláronse farolas LED, que permitirán aforrar un 60% en comparación coa iluminación convencional

Durante esta mañá realizáronse as probas de funcionamento

  • Tema
    • Infraestruturas
Luns, 16 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O novo alumeado da Avenida Filharmónica Lucense, que durante as últimas semanas se estivo instalando, comezará a funcionar esta noite. Segundo indicou o concelleiro, Alexandre Penas, “durante o día de hoxe realizáronse as probas de funcionamento, con resultados positivos”. Con esta medida, a concellería de Infraestruturas Urbanas atende a unha actuación que a veciñanza da zona levaba solicitando moito tempo.

Dende a concellería de infraestruturas investiuse un total de 31.157,85€, que se destinaron á instalación de 8 luminarias LED de 63W que, segundo Alexandre Penas, “consumen aproximadamente un 60% menos que a iluminación convencional”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/comeza-funcionar-o-novo-alumeado-da-avenida-filharmonica-lucense