Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A colección o San Froilán dos Devanceiros chega á súa 20ª publicación que recompila a historia dos espectáculos prirotécnicos nas festas do San Froilán

A colección o San Froilán dos Devanceiros chega á súa 20ª publicación que recompila a historia dos espectáculos prirotécnicos nas festas do San Froilán

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, presentou o libro xunto co autor, Fernando Arribas

O libro Os espectáculos pirotécnicos nas festas de San Froilán de Lugo poderá recollerse de xeito gratuíto nas oficinas da área de Cultura

 
  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 10 de outubro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A colección o San Froilán dos Devanceiros chega á súa 20ª publicación que recompila a historia dos espectáculos prirotécnicos nas festas do San Froilán

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto co escritor Fernando Arribas, presentaron o 20º tomo da colección O San Froilán dos Devanceiros, a publicación que a área de Cultura realiza anualmente durante a gran festa do outono galego.

O novo libro poderá recollerse nas oficinas da área de Cultura de xeito gratuíto. Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, destacou a colección de libros como “unha serie de libros que repasan a historia da gran festa do outono galego, que tratou xa asuntos de peso nas festas  ao longo dos anos como son o cine, Barriga Verde, o polbo ou os Pelúdez, iconos do San Froilán para distintas xeracións”.

O novo libro, titulado Os espectáculos pirotécnicos nas festas de San Froilán de Lugo, recompila a historia dos distintos espectáculos pirotécnicos do San Froilán, achegando unha relación dos responsables da pirotecnia de cada ano e as súas biografías, xunto cunha pequena introducción sobre a historia da pirotecnia na Galiza e en Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/coleccion-o-san-froilan-dos-devanceiros-chega-sua-20a-publicacion-que-recompila-historia-dos