Cohesión Territorial acomete o arranxo de varias tubaxes no lavadeiro de Poutomiños atendendo unha demanda veciñal
A responsable da área, Ana Abelleira, supervisou os labores de mellora enmarcados no plan de acción no rural posto en marcha polo Executivo de Paula Alvarellos.
- Tema
- Infraestruturas

A concelleira de Cohesión Territorial, Ana Abelleira, supervisou os labores de arranxo de varias tubaxes que se atopaban deterioradas no lavadoiro de Poutomiños. “Con estes traballos, que acometemos con medios propios do Concello, damos resposta a unha demanda veciñal, dentro do plan de acción no rural que temos en marcha para mellorar as infraestruturas e a calidade de vida dos veciños e veciñas das 54 parroquias lucenses”, apuntou a edil. “As tubaxes desprendían auga, o que supoñía un deterioro para a pista aglomerada que se sitúa ao carón, unha situación que solventamos grazas a esta intervención”, apuntou.
González Abelleira subliñou que "a aposta do Concello pola mellora continua das infraestruturas rurais é unha prioridade do noso mandato". Segundo indicou a edila de Cohesión Territorial, esta intervención “é froito do diálogo directo e a acción coordinada a través da que procuramos construír un rural máis inclusivo, próspero e cohesionado, o que sen dúbida mellora a calidade de vida dos seus habitantes”.
