Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cohesión Terriorial establece o sistema de tramitación das obras a realizar en equipamentos municipais con financiamento autonómico

Cohesión Terriorial establece o sistema de tramitación das obras a realizar en equipamentos municipais con financiamento autonómico

O Goberno local deu xa luz verde á mellora da contorna do local social do Burgo, á mellora de eficiencia enerxética e arranxo de fiestras na escola de Pías e á renovación d da climatización e o cambio de carpintería na instalación de Ribas de Miño.

“Estamos a informar a toda a veciñanza interesada co ánimo de axilizar este trámite e explicar como levar a cabo este procedemento. Non hai que esquecer que se trata de equipamentos de titularidade municipal”, sinalou González Abelleira.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Economía,
    • Urbanismo
Sábado, 08 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cohesión Terriorial establece o sistema de tramitación das obras a realizar en equipamentos municipais con financiamento autonómico

O Executivo de Paula Alvarellos, a través da área de Cohesión Territorial que dirixe Ana González Abelleira, vén de establecer o sistema de tramitación das obras que os colectivos veciñais solicitan para realizar en equipamentos municipais con financiamento autonómico. “Mantívose unha serie de reunións de traballo entre o distintos departamento do Concello implicados entre os que se atopan Urbanismo, Patrimonio ou Medio Rural para fixar o procedemento neste tipo de casos. Todo este traballo permitiunos conceder xa os primeiros permisos e establecer un sistema que axilice a tramitación e achegue seguridade xurídica ao procedemento”, sinalou a edila.

Deste xeito, o Goberno local deu xa luz verde ás obras de mellora da contorna do local social do Burgo, á mellora de eficiencia enerxética e arranxo de xanelas na escola de Pías e a obra de renovación do sistema de climatización e o cambio de carpintería metálica na instalación de Ribas de Miño solicitadas polos colectivos veciñais destas parroquias.

A edila  está a aproveitar a rolda de reunións que comezou hai uns meses por todas as parroquias do municipio para proporcionar información a este respecto, xa que a convocatoria establecida polo Goberno Autonómico antes das eleccións municipais realizouse sen ningún tipo de coordinación co Concello. “Estamos a informar a toda a veciñanza interesada co ánimo de axilizar este trámite e explicar como levar a cabo este procedemento. Non hai que esquecer que se trata de equipamentos de titularidade municipal”, sinalou González Abelleira.

Audio

  • A edil de Cohesión Territorial, Ana Abelleira, sobre o sistema de tramitación | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cohesion-terriorial-establece-o-sistema-de-tramitacion-das-obras-realizar-en-equipamentos

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/070624_obrasnorural_anaabelleria1_1.mp3