Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > As claves para mellorar o sistema inmune coa alimentación, na masterclass de nutrición de mañá

As claves para mellorar o sistema inmune coa alimentación, na masterclass de nutrición de mañá

Esta é a cuarta sesión desta programación telemática que puxo en marcha Xuventude

Poderá seguirse dende as 20:00 horas no Facebook Xuventude Lugo así como na contade Instagram @Xuventude_lugo

  • Tema
    • Formación,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Martes, 08 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As claves para mellorar o sistema inmune coa alimentación, na masterclass de nutrición de mañá

A masterclass online de nutrición de mañá, mércores, versará sobre como mellorar o sistema inmune coa alimentación.

Faino tras desmontar na pasada conferencia  os mitos alimentarios máis comúns. Esta é a cuarta sesión desta programación telemática que puxo en marcha a área de Xuventude do Concello, co obxectivo de ofrecer á mocidade contidos de educación nutricional, ao tempo que se facilita a creación dunha contorna saudable.

Poderase seguir a partir das 20:00 horas, a través do Facebook de Xuventude de Lugo así como na contade Instagram @Xuventude_lugo.

Estas charlas, dirixidas pola dietista-nutricionista Ángeles Novo, terán lugar a través deste medio todos os mércores ata o 7 de outubro, ás 20:00 horas. As vindeiras semanas estas masterclass farán fincapé en almorzos, ceas, petiscos saudables e receitas doces.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/claves-para-mellorar-o-sistema-inmune-coa-alimentacion-na-masterclass-de-nutricion-de-mana