Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cidades Catedralicias ofrecerá información sobre as cidades que a compoñen a través da súa páxina web

Cidades Catedralicias ofrecerá información sobre as cidades que a compoñen a través da súa páxina web

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Rede de Cidades Catedralicias celebrou hoxe no Salón de Recepcións do Concello de Salamanca a súa Asamblea Xeral. O Concelleiro de Infraestruturas do Concello de Lugo, José Piñeiro, acudiu o encontro no estiveron presentes os representantes políticos das 17 cidades que compoñen este grupo.

Na xuntanza estudaron e aprobaron, entre outros asuntos, a proposta de deseño da páxina web www.ciudadescatedralicias.org [1], que nestes intres está en construcción.

Esta páxina ofrecerá información sobre as catedrais que conforman a rede, con fotografías, imaxes virtuais, rutas e novas.

Durante o encontro tratouse tamén a campaña de promoción da rede que se porá en marcha nas oficinas de turismo de cada unha das cidades membro a través de soportes coa imaxe corporativa. Neste senso o Concelleiro de Infraestruturas de Lugo propuso elaborar un folleto desplegable no que se recolla a información de todas as cidades membros da rede. A proposta do representante lucense foi acollida por todos os membros con agrado.

REDE DE COOPERACIÓN
Cidades Catedralicias é unha rede de cooperación turística e cultural, que foi constituida en Plasencia o 8 de febreiro de 2006, cun total de trece socios fundadores, representando ás ciudades de: Ávila, Badajoz, Baeza, Burgos, Córdoba, Coria, Cuenca, El Burgo de Osma, León, Salamanca, Sevilla, Zaragoza e Plasencia.

Posteriormente incorporáronse catro novos socios: Alcalá de Henares e Jaén en septiembre de 2006, e Lugo e Lleida no 2007, co que na actualidade está integrada por 17 cidades.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cidades-catedralicias-ofrecera-informacion-sobre-cidades-que-componen-traves-da-sua-paxina-web

Ligazóns:
[1] http://www.ciudadescatedralicias.org/