Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A cidadanía pode atopar na web do Arde Lucus un directorio de lugares onde caracterizarse para a festa

A cidadanía pode atopar na web do Arde Lucus un directorio de lugares onde caracterizarse para a festa

  • Tema
    • Xuventude
Venres, 12 de xuño de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A web do Arde Lucus [1] presenta xa un novo espazo no que atopar o directorio cos comercios da cidade onde poder caracterizarse como celtas ou romanos para a festa que se celebrará entre o 26 e o 28 de xuño.

A Concellería de Xuventude decidiu crear este apartado na web para facilitar aos cidadáns atopar todo aquelo que precisan e converterse en verdadeiros cidadáns da época romana. Ademais, preténdese facilitar aos comerciantes da cidade un espazo no que publicitarse e agradecerlles deste modo a súa implicación no desenvolvemento da festa.

Todos os que desexen publicitarse neste espazo de referencia previo a celebración da festa poderán realizalo poñéndose en contacto coa Concellería de Xuventude situada no Centro Social Uxío Novoneyra en horario de mañas das 9:00 ás 14:00 horas, e de tardes das 16:30 ás 19:00 horas de luns a venres, ou enviando un correo electrónico a xuventude@concellodelugo.org [2].

A páxina web do Arde Lucus MMIX [1] presenta ademais modelos de peiteados, patróns para a elaboración de traxes e complementos para que todos os que o desexen poidan facelo eles mesmos.

Ademais, pódense ver as fotografías do ano pasado, acceder ás ligazóns, e votar a festa dentro da páxina www.7mejores.es [3] en la que el Arde Lucus se atopa neste momento no posto 13 do ranking das mellores festas de España.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cidadania-pode-atopar-na-web-do-arde-lucus-un-directorio-de-lugares-onde-caracterizarse-para

Ligazóns:
[1] http://www.ardelucus.com
[2] mailto:xuventude@concellodelugo.org
[3] http://www.7mejores.es