Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Chega ao Vello Cárcere a exposición Kinetiko, organizada pola compañía teatral Trécola

Chega ao Vello Cárcere a exposición Kinetiko, organizada pola compañía teatral Trécola

O Concelleiro de Educación afirmou que “é unha exposición para toda a familia, na qeu se poderán descubrir historias a través de mecanismos”

Kinetiko poderá visitarse no Vello Cárcere até o vindeiro 30 de xuño

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Museos e exposicións,
    • Xestión cultural
Xoves, 29 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Chega ao Vello Cárcere a exposición Kinetiko, organizada pola compañía teatral Trécola

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, visitou esta mañá a exposición Kinetiko, que estará no Vello Cárcere até o vindeiro 30 de xuño. A exposición, organizada pola compañía teatral Trécola, contén nove pezas únicas, deseñadas e construídas por Ero Vázquez e Manu Taboada.

En Kinetiko poden atoparse personaxes musicais, que a partires de mecanismos crean sons e ritmos, historias e contos que nacen co movemento dunha manivela ou efectos especiais utilizados tradicionalmente no teatro e no cine, entre outras pezas. Felipe Rivas afirmou que “é unha exposición para toda a familia, na que se poderán descubrir historias a través dos mecanismos de cada peza”.

A exposición Kinetiko pode visitarse nas celas de mulleres do Vello Cárcere, no seu horario de apertura habitual, de domingo a mércores de 11 a 14 e de 17 a 20:30, e de xoves a sábado de 11 a 14 e de 17 a 22:30 horas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/chega-ao-vello-carcere-exposicion-kinetiko-organizada-pola-compania-teatral-trecola