Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > CENSO ELECTORAL ELECCIÓNS AUTONÓMICAS-2012

CENSO ELECTORAL ELECCIÓNS AUTONÓMICAS-2012

  • Tema
    • Protección da comunidade
Luns, 03 de setembro de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Censo Electoral vixente para estas eleccións será o pechado ó 01-06-2012 que inclúe os movementos padroais de electores de nacionalidade española, que figuren inscritos no CER ou no CERA ata o 30-05-2012.

            Censo 01-06-2012      -->     Padrón 30-05-2012

* A exposición do censo terá lugar no período comprendido entre o 3 o 10 de setembro, sábados e domingos inclusive, e realizarase por medios informáticos, previa identificación do interesado (art.39.2 LOREX).

* A identificación será co DNI, Pasaporte ou permiso de conducir (art.85 LOREX).
Cómpre xuntar unha fotocopia do documento, segundo as instrucións do INE.

* O INE dispón dun teléfono de consulta 901 101 900 e dunha páxina web en Internet https://sede.ine.gob.es [1] na que se poderá efectuar as seguintes consultas:

     - Comprobación de inscrición no censo electoral (é necesario acceder con certificado dixital. É válido o DNI electrónico ou calquera dos especificados na páxina do Ine.

     - Mesa e local electoral onde corresponda votar ( sen certificado dixital, datos de procura: provincia, concello, vía e inicial do 1º apelido).


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/censo-electoral-eleccions-autonomicas-2012

Ligazóns:
[1] https://sede.ine.gob.es