Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A CEL e o Concello de Lugo buscan unha colaboración máis estreita para impulsar o desenvolvemento empresarial na cidade

A CEL e o Concello de Lugo buscan unha colaboración máis estreita para impulsar o desenvolvemento empresarial na cidade

  • Tema
    • Desenvolvemento local,
    • Comercio,
    • Emprego
Xoves, 26 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A CEL e o Concello de Lugo buscan unha colaboración máis estreita para impulsar o desenvolvemento empresarial na cidade

A Confederación de Empresarios de Lugo ( CEL), Jaime López, recibiu hoxe nas instalacións da entidade a Mauricio Repetto, concelleiro da área de Desenvolvemento Local e Emprego, para compartir impresións sobre as necesidades da empresas na cidade e as liñas de actuación que desde o ámbito da Administración Local poden desenvolverse para darlles cobertura.

Este encontro desenvolveuse no formato dunha primeira reunión de traballo para a procura de liñas estratéxicas de actuación que CEL e Concello de Lugo poidan establecer de forma conxunta para favorecer o desenvolvemento social e económico da cidade.

Con esta idea como obxectivo, e tras este primeiro contacto, ambas as entidades buscarán fórmulas de colaboración máis estreita para incentivar un modelo de cidade que favoreza o investimento empresarial, o crecemento do emprego e o benestar xeral dos seus habitantes.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cel-e-o-concello-de-lugo-buscan-unha-colaboracion-mais-estreita-para-impulsar-o