Catro equipos xogaranse en Lugo o seu ascenso a 1ª autonómica de balonmán
- Tema
- Deportes
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Delegado da federación de Balonmán de Lugo, Luis Corujo, e Francisco Martinez, xogador do Equipo Balonmán Lugo presentaron a Fase de Ascenso do equipo de balonmán de 2º a 1º autonómica.
O Concelleiro afirmou o seu desexo de que o equipo consiga este logro e se converta en un referente para as escolas deste deporte que se están a crear na cidade, despois duns anos de parón neste deporte.
Díaz Grandío animou aos afeccionados a vivir esta competición cos xogadores lucenses e a animar ao equipo para que consiga o tan desexado ascenso.
O calendario dos encontros:
-1ª Xornada (25-04-2008) . Pavillón Avenida Duquesa de Lugo
19:00 ATL. GUARDÉS – SÁRDOMA
21:00 BM LUGO – CAIXANOVA OAR
- 2ª Xornada (26-04-2008). Pavillón Municipal de los deportes.
17:00 ATL GUARDÉS – CAIXANOVA OAR
19:00 SÁRDOMA – BMLUGO
- 3ª Xornada (27-04-2008). Pavillón Municipal de los deportes.
10:30 CAIXANOVA OAR – SARDOMA
12:30 BM LUGO – ATL GUARDÉS