Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > As catas históricas organizadas polo Concello de Lugo fan hoxe parada, de novo, no salón de Plenos

As catas históricas organizadas polo Concello de Lugo fan hoxe parada, de novo, no salón de Plenos

Carmen Basadre presentou a charla, impartida polo arqueólogo Javier Gómez, que versou sobre a Catedral e o Templo de Mitra

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Xoves, 23 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As catas históricas organizadas polo Concello de Lugo fan hoxe parada, de novo, no salón de Plenos

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou hoxe as oito da tarde unha charla acerca da Catedral e o Templo de Mitra, lugares sagrados da nosa cidade. O poñente de dita conferencia foi o arqueólogo e historiador Javier Gómez Vila.

Esta actividade está enmarcada dentro do programa de catas históricas, organizadas polo Concello de Lugo, que levará aparellada unha posterior visita a estes monumentos o día 25 de marzo ás 11 da mañá, con saída dende o Concello .


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/catas-historicas-organizadas-polo-concello-de-lugo-fan-hoxe-parada-de-novo-no-salon-de-plenos