Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > As casetas do polbo dan o pistoletazo de saída ao San Froilán

As casetas do polbo dan o pistoletazo de saída ao San Froilán

O comezo oficial das festas producirase no día de mañá co pregón a cargo dos Pelúdez

As casetas permanecerán abertas até o 3 de novembro

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Xoves, 03 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As casetas do polbo dan o pistoletazo de saída ao San Froilán

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, anunciou que de hoxe se produce “o pistoletazo de saída á gran festa do outono galego” coa apertura das casetas do polbo. Segundo Maite Ferreiro, “as casetas son un dos iconos máis das festas, e este ano permanecerán abertas durante un mes”. Maite Ferreiro animou a todos e todas as visitantes das festas a “visitar as casetas e probar o polbo e desfrutar das festas”.  Maite Ferreiro indicou que os prezos son de 12€ para a ración de polbo, 1.50€ para a ración de pan e cachelos, e 6€ para a botella de ¾ de litro de viño.

Maite Ferreiro anunciou tamén que o Arte San Froilán, feira de artesanía organizada polo CentrAD da Deputación de Lugo, abre as portas tamén o día de hoxe na praza Anxo Fernández Gómez, detrás do Concello de Lugo.

Maite Ferreiro lembrou que o inicio oficial das festas será o venres ás 20 horas, co pregón protagonizado polos Pelúdez, “un símbolo tanto das festas como de Lugo”, segundo indicou Maite Ferreiro.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, sobre as casetas do polbo | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/casetas-do-polbo-dan-o-pistoletazo-de-saida-ao-san-froilan

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/191003_maite_ferreiro_casetas.mp3