Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Casa do Deporte acolle a Festa Galega do Cachibol en Lugo

A Casa do Deporte acolle a Festa Galega do Cachibol en Lugo

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Deportes
Sábado, 03 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Casa do Deporte acolle a Festa Galega do Cachibol en Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada polos Concelleiros de Deportes e Benestar Social, Miguel Fernández e Ana González Abelleira, respectivamente, presenciaron este sábado na Casa do Deporte a Festa Galega do Cachibol en Lugo. Neste evento, organizado polo Concello en colaboración coa Agrupación Deportiva Xogara, participaron grupos de Santa Comba, Vigo, Ourense, Mesía e Lugo. Todos estes grupos xogaron tamén ao korfball, kinball e brilé. O grupo da cidade lucense está conformado polas persoas participantes nos obradoiros de cachibol do Centro de Convivencia de Fingoi. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/casa-do-deporte-acolle-festa-galega-do-cachibol-en-lugo