Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Casa da Xuventude quenta motores para o Entroido cunha programación específica para a mocidade lucense

A Casa da Xuventude quenta motores para o Entroido cunha programación específica para a mocidade lucense

A Casa da Xuventude acollerá nas vindeiras semanas varias actividades de ocio para festexar o Entroido

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Xoves, 06 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Casa da Xuventude quenta motores para o Entroido cunha programación específica para a mocidade lucense

Dende o próximo día 11 e ata o luns 24, nas instalacións de San Fiz, desenvolveranse diferentes propostas lúdicas para a rapazada de entre 14 e 35 anos.

Baixo o nome Cociñando con Sabor a Entroido, os martes 11 e 18 de febreiro, terá lugar un taller gastronómico no que se elaborarán receitas de doces e postres típicos destas datas. Hai dez prazas dispoñibles e o custo da inscrición é de 1’64€.

A continuación, os días 20 e 21 celebrarase un obradoiro de tatuaxes de henna e de calcamonías imprimibles, e o 22 e 24 de febreiro outro de maquillaxe de Entroido.

“Poderán apuntarse 20 persoas en cada un deles e o prazo para anotarse permanecerá aberto até o día anterior ao seu inicio. Ademais, ámbolos dous son de carácter gratuíto e se realizarán en horario de tarde, de 17:00 a 20:00 horas”, explicou a edil Ana González Abelleira, ao tempo que convidou á mocidade lucense a participar e desfrutar da programación organizada pola área de Xuventude.

As incricións deberán formalizarse na Casa da Xuventude, na rúa Xesús Bal e Gay, onde tamén se pode atopar toda a información ao respecto.

Máis info

  • Cartel Entroido 2020 | Descargar imaxe [1]
  • Folleto Entroido 2020 | Descargar pdf [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/casa-da-xuventude-quenta-motores-para-o-entroido-cunha-programacion-especifica-para-mocidade

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/cartelentroido.jpg
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/folleto_entroido.pdf