Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A casa da Xuventude presenta o xoves 22 de agosto una exposición do mundo manga e no arte do pop

A casa da Xuventude presenta o xoves 22 de agosto una exposición do mundo manga e no arte do pop

É a primeira vez que a artista expón en Lugo

A obra está formada por 8 pezas de cerámica, 30 debuxos e 3 cadernos

  • Tema
    • Xuventude
Martes, 20 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A concellería de Xuventude que dirixe Ana González Abelleira, anuncia que dende o próximo 22 de agosto estará dispoñible para todo o público a obra de Lúa Pérez, un total de 8 pezas de cerámica, 30 debuxos e 3 cadernos á disposición de todo aquel que queira achegarse a desfrutar da mesma. A artista estará presente o día da presentación para atender ó publico interesado e os medios de comunicación.

Lúa Pérez é graduada en Belas Artes pola universidade de Pontevedra, conta cun máster de debuxo na universidade de Granada. A súa obra ten gran influencia no mundo manga e no arte pop, sendo os artistas superflat seu maior expoñente dende unha visión algo adolescente plantea a súa interese sobre a depresión e o resto de problemas que xiran entorno á misma, aínda que sempre intenta experimentar con diversos materiais e técnicas a ilustración e a serigrafía son as súas técnicas predilectas.

Os horarios para visitar a obra son de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:30 os sábados: 10:00 a 14:00


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/casa-da-xuventude-presenta-o-xoves-22-de-agosto-una-exposicion-do-mundo-manga-e-no-arte-do-pop