Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Casa Consistorial ilumínase de azul conmemorando o Día Universal da Infancia

A Casa Consistorial ilumínase de azul conmemorando o Día Universal da Infancia

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Infancia,
    • Xestión cultural
Venres, 19 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Casa Consistorial ilumínase de azul conmemorando o Día Universal da Infancia

Este sábado 20 de novembro o Concello de Lugo conmemora o Día Universal da Infancia, un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo, iluminando de azul a fachada da Casa Consistorial co fin de concienciar á cidadanía sobre a importancia de seguir traballando e sumando esforzos, para que os dereitos dos nenos e nenas véxanse cumpridos en todo momento e en todo o mundo.

En 2021, o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia tamén cumpre o seu 75 aniversario de traballo incansable polos dereitos da infancia e polo benestar de cada neno, nena e adolescente, en calquera contexto e en calquera lugar.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/casa-consistorial-iluminase-de-azul-conmemorando-o-dia-universal-da-infancia