Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Casa Consistorial e a Tanxurela ilumínanse de verde conmemorando o Día de Concienciación do Trastorno de Deficiencia de CDKL5

A Casa Consistorial e a Tanxurela ilumínanse de verde conmemorando o Día de Concienciación do Trastorno de Deficiencia de CDKL5

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Sanidade
Xoves, 16 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, iluminará de verde, a fachada da Casa Consistorial e a Tanxurela, conmemorando o Día de Concienciación do Trastorno de Deficiencia de  CDKL5, 17 de xuño.

A Síndrome por Deficiencia  CDKL5 (Cyclin- Dependent  Kinase-Like 5) é unha enfermidade xenética ligada ao cromosoma X que provoca a aparición temperá de alteracións graves do desenvolvemento neurolóxico e, en numerosos casos, de convulsións  epilépticas de difícil control.

A petición foi solicitada pola Asociación afectados CDKL5, é unha organización sen ánimo de lucro constituída en 2014 principalmente por pais e familiares de pacientes afectados do devandito trastorno.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/casa-consistorial-e-tanxurela-iluminanse-de-verde-conmemorando-o-dia-de-concienciacion-do