Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Casa Consistorial e Muralla ilumínanse de azul conmemorando o Día Internacional de la Enfermería

A Casa Consistorial e Muralla ilumínanse de azul conmemorando o Día Internacional de la Enfermería

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Sanidade
Martes, 11 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo conmemora o Día Internacional da Enfermería, 12 de maio, iluminando de azul a fachada da Casa Consistorial e a zona da muralla que vai dende a Mosquera ata SanPedro ao anoitecer, como homenaxe a un dos colectivos máis necesarios contra a pandemia.

Dende o Concello preténdese poñer en valor o vital e heroico traballo deste colectivo, nun momento no que están a demostrar a súa compaixón, valentía e profesionalidade na resposta á pandemia de coronavirus.

Lembrar tamén que a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, propuxo aos grupos municipais da Corporación lucense outorgarlles as Medallas de Ouro 2020 aos colectivos de profesionais que nesta pandemia protexeron e coidaron de toda a veciñanza. Galardón que simboliza a máxima distinción que a institución local pode entregar á cidadanía, e que segundo o propio regulamento indica, debe recaer só en persoas que teñen atribuídos méritos verdadeiramente extraordinarios.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/casa-consistorial-e-muralla-iluminanse-de-azul-conmemorando-o-dia-internacional-de-la