Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Casa Consistorial e a Mosqueira ilumínanse conmemorando o Día Internacional das Mulleres

A Casa Consistorial e a Mosqueira ilumínanse conmemorando o Día Internacional das Mulleres

A concellaría da Muller de Lugo desenvolverá unha programación segura para reivindicar feminismo durante o mes de marzo.

O día 8 de marzo, o executivo de Lara Méndez organizará un acto institucional, ao que convidará a todas as forzas políticas da Corporación, onde se lerá a Declaración aprobada en Pleno por unanimidade.

  • Tema
    • Igualdade,
    • Igualdade de dereitos,
    • Violencia de xénero,
    • Inclusión
Venres, 05 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Casa Consistorial e a Mosqueira ilumínanse conmemorando o Día Internacional das Mulleres

O Concello de Lugo conmemora o Día Internacional das Mulleres, iluminando de violeta a fachada da Casa Consistorial dende esta mesma tarde (19.30h).

A Mosqueira súmase ao acendido proxectándose no monumento a marca da cidade Mulleres con Forza, creada polo Concello de Lugo, coa que se simboliza na Muralla a fortaleza da muller na súa loita pola igualdade de xénero.

O acendido e a proxección será todos os días dende o 5 de marzo ata o 20 de marzo. Dende a concelleria animan á cidadanía a realizar fotos e inundar as redes con elas co cancelo #MulleresConForza.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/casa-consistorial-e-mosqueira-iluminanse-conmemorando-o-dia-internacional-das-mulleres