Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Carmen Basadre visita a primeira xornada do GastroEntroido, coa que se dá o pistoletazo de saída ao Entroido

Carmen Basadre visita a primeira xornada do GastroEntroido, coa que se dá o pistoletazo de saída ao Entroido

O Mercado Municipal volverá a acoller mañá esta iniciativa gastronómica de 11:30 a 13:30 horas. As xornadas son impartidas por profesionais da hostalería

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Mercados
Venres, 17 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Carmen Basadre visita a primeira xornada do GastroEntroido, coa que se dá o pistoletazo de saída ao Entroido

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitou este venres, no Mercado Municipal, as actividades do GastroEntroido. Trátase dunha nova iniciativa gastronómica do Concello para a que se dá o pistoletazo de saída ao Entroido, que reuniu a numerosos participantes e público, tal e como puido comprobar a edil.

O Mercado Municipal volverá a acoller esta iniciativa gastronómica mañá sábado, de 11:30 a 13:30 horas. As xornadas son impartidas por profesionais da hostalería.

Esta iniciativa busca fomentar o coñecemento dos produtos de tempada do Mercado Municipal e da Praza de Abastos e elaborar con eles receitas específicas do Entroido, non soamente de comidas, senón tamén de doces típicos aproveitando os recursos de ambas instalacións municipais; así como impulsar estes espazos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/carmen-basadre-visita-primeira-xornada-do-gastroentroido-coa-que-se-da-o-pistoletazo-de-saida