Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Carmen Basadre presentou as I Xornadas de Divulgación Histórica organizadas pola asociación de recreación Terra Copora

Carmen Basadre presentou as I Xornadas de Divulgación Histórica organizadas pola asociación de recreación Terra Copora

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 16 de outubro de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou esta mañá as I Xornadas de Divulgación Histórica Terra Copora que se celebrarán os próximos días 26, 27 e 28 de outubro de 2012. No acto, participaron José María Castro Neira e José Alberto Rodríguez Díaz, membros da asociación Terra Copora, que indicaron que a idea naceu do interese polos orixes da cidade e para estudar o contexto histórico-cultural da época romana.

Carmen Basadre destacou que “estas son as primeiras xornadas deste tipo dunha asociación que naceu ao carón do Arde Lucus e que vai a servir de axuda e dar a coñecer a historia da nosa cidade”. Neste sentido, tamén animou a todas as persoas que forman parte da recreación do Arde Lucus, como outras asociacións ou ANPAS dos colexios que se inscriban nas mesmas. Esta deberá facerse a través do web www.terracopora.org [1] e é gratuíta.

Durante as xornadas celebraranse conferencias como as de Susana Hevia González e Angel Villa Valdés que falarán sobre o Castro de Chao Sanmartín en Asturias, e outra sobre o exército tardo romano e as súas características. Tamén Ricardo Cagigal Bolado presentará o seu libro Gladiator, luchar para vivir en un oficio peligroso, onde se explican a importancia das escolas de gladiadores.

Ademais das conferencias tamén se levarán a cabo exposicións fotográficas e diversas actividades como a creación dunha zona dedicada aos wargames e ao miniaturismo histórico ou a realización dunha acto de purificación do evento.

CEI-Nodus cei.lugo.es [2]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/carmen-basadre-presentou-i-xornadas-de-divulgacion-historica-organizadas-pola-asociacion-de

Ligazóns:
[1] http://www.terracopora.org
[2] http://cei.lugo.es