Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Carmen Basadre participou na asamblea da Asociación Española de Festas Históricas que se celebrou en Astorga

Carmen Basadre participou na asamblea da Asociación Española de Festas Históricas que se celebrou en Astorga

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 23 de abril de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, participou esta fin de semana na asamblea que celebrou na cidade de Astorga a Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas.

O Arde Lucus é unha das doce festas que forman parte desta asociación formada para contribuir á difusión deste tipo de eventos.

Na asamblea decidiuse, entre outras cousas, a integración da Asociación na Federación Europea de Manifestacións Históricas.

Tamén se tomou o acordo de establecer acordos de colaboración con diferentes universidades para tratar de realizar proxectos sobre a recreación histórica así como coa Comisión de Turismo da Federación Española de Municipios y Provincias.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/carmen-basadre-participou-na-asamblea-da-asociacion-espanola-de-festas-historicas-que-se