Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Carmen Basadre participa na Xornada de actualización sobre o patrimonio e os recursos turísticos de Lugo

Carmen Basadre participa na Xornada de actualización sobre o patrimonio e os recursos turísticos de Lugo

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Información turística,
    • Promoción turística
Xoves, 02 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Carmen Basadre participa na Xornada de actualización sobre o patrimonio e os recursos turísticos de Lugo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto ao Deputado de Turismo, Eduardo Vidal, inauguraron a Xornada de actualización sobre o patrimonio e os recursos turísticos de Lugo, que organiza a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia na cidade ao longo do día de hoxe e de mañá. No acto de inauguración destas xornadas, nas que se realizará unha visita ao Vello Cárcere, a Casa dos Mosaicos, á Sala de Exposicións de Porta Miña e á Domus do Mitreo, Basadre definiu aos guías como os mellores embaixadores que Lugo e Galicia poden ter.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/carmen-basadre-participa-na-xornada-de-actualizacion-sobre-o-patrimonio-e-os-recursos