Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Carmen Basadre participa na inauguración da Exposición de Fotografía de Cidadanía Inclusiva en contra da pobreza

Carmen Basadre participa na inauguración da Exposición de Fotografía de Cidadanía Inclusiva en contra da pobreza

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 03 de xaneiro de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, asistiu á presentación da Exposición de Fotografía de Cidadanía Inclusiva organizada pola Rede Galega Contra a Pobreza (EAPN Galicia) e que está composta por un total de 60 fotografías nas que se recolle a problemática da exclusión social e as accións encamiñadas á implementación de medidas efectivas que axuden á paliala.

Carmen Basadre quixo destacar que “medidas como esta exposición axudan a concienciar dunha maneira máis didáctica de cales son os puntos fundamentais para facer ver e dar a entender a problemática da exclusión social.” Ademais puxo de manifesto a labor que desenvolve o Concello en axudas sociais para evitar esta problemática.

No acto, participaron, ademais da Concelleira, Carlos Rosón Varela, Secretario de EAPN-Galicia e Pilar Santos Solla, Xerente do C. C. As Termas. A exposición poderá visitarse en dito Centro Comercial ata o 15 de xaneiro.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/carmen-basadre-participa-na-inauguracion-da-exposicion-de-fotografia-de-cidadania-inclusiva-en