Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Carmen Basadre participa na entrega dos premios do concurso A enerxía das festas da carpa EON durante o San Froilán

Carmen Basadre participa na entrega dos premios do concurso A enerxía das festas da carpa EON durante o San Froilán

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 05 de novembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o director gerente de Begasa e responsable de E.ON en Galicia, Luis García Santalla, fixeron entrega dos diplomas aos catro gañadores do concurso A enerxía das festas durante o San Froilán.

Os catro gañadores do concurso, Xián Blanco, Xián Varela, Gundar Da Pena, e Claudia Péres, recibiron cada un un vale de 50 euros para a compra de material escolar ou libros.

Durante a entrega dos premios, Carmen Basadre, resaltou a importancia de que “empresas como E.ON, amosen o seu apoio ao Concello a través deste tipo de actividaes nas que se forma aos máis pequenos en aspectos como a eficiencia enerxética e o respeto ao medioambiente”.

Pola súa parte, Luis García, resaltou o compromiso de E.ON con Lugo, que segue contribuíndo a promover entre os máis pequenos os hábitos de consumo enerxético responsable e o respeto co medioambiente.

A iniciativa levouse a cabo durante as festas do San Froilán e nela participaron máis de 430 nenos e nenas con debuxos no concurso.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/carmen-basadre-participa-na-entrega-dos-premios-do-concurso-enerxia-das-festas-da-carpa-eon