Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Carmen Basadre inaugurou a I Xornada de Divulgación Histórica Terra Copora

Carmen Basadre inaugurou a I Xornada de Divulgación Histórica Terra Copora

  • Tema
    • Igualdade
Venres, 26 de outubro de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, inaugurou as I Xornadas de Divulgación Histórica Terra Copora que se celebran en Lugo. Durante o acto tamén se inaugurou unha exposición que recolle como era a vida dos romanos en Lugo. As xornadas celébranse no segundo andar do CEI-Nodus.

Durante as xornadas celebraranse conferencias como as de Susana Hevia González e Angel Villa Valdés que falarán sobre o Castro de Chao Sanmartín en Asturias, e outra sobre o exército tardo romano e as súas características. Tamén Ricardo Cagigal Bolado presentará o seu libro Gladiator, luchar para vivir en un oficio peligroso, onde se explican a importancia das escolas de gladiadores. Ademais das conferencias tamén se levarán a cabo exposicións fotográficas e diversas actividades como a creación dunha zona dedicada aos wargames e ao miniaturismo histórico ou a realización dunha acto de purificación do evento. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/carmen-basadre-inaugurou-i-xornada-de-divulgacion-historica-terra-copora