Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Carmen Basadre fixo entrega dos diplomas aos asistentes ao curso de formación de Monitor/a de Ludoteca

Carmen Basadre fixo entrega dos diplomas aos asistentes ao curso de formación de Monitor/a de Ludoteca

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Martes, 20 de agosto de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, fixo entrega dos diplomas do curso de Monitor/a de Ludoteca que contou con 15 prazas que está organizado dentro do plan +Xti Formación.

Este curso estaba dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos e tivo unha duración de 60 horas teórico-prácticas entre o 15 de xullo e o 6 de agosto en horario de mañá de luns a venres. Entre os contidos que se traballaron está a pedagoxia do lecer e a educación para o tempo libre, as ludotecas, o xogo e as súas clasificacións ou a programación de actividades entre outros.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/carmen-basadre-fixo-entrega-dos-diplomas-aos-asistentes-ao-curso-de-formacion-de-monitora-de