Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Carmen Basadre entrega o premio á creadora de O San Froilán baixo a lúa, cartel anunciador do San Froilán Miúdo 2019

Carmen Basadre entrega o premio á creadora de O San Froilán baixo a lúa, cartel anunciador do San Froilán Miúdo 2019

Galir Macía López recibiu un premio valorado en 300 euros, composto por diverso material de debuxo

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Martes, 11 de xuño de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Carmen Basadre entrega o premio á creadora de O San Froilán baixo a lúa, cartel anunciador do San Froilán Miúdo 2019

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua en funcións, Carmen Basadre, entregou este martes o premio á gañadora do certame de deseño do cartel do San Froilán Miúdo, posto en marcha polo Concello para facer partícipe aos nenos e nenas na imaxe anunciadora das actividades do San Froilán dirixidas á poboación máis nova, Galir Macía López.

A súa creatividade co traballoO San Froilán baixo a lúa foi escollida por un xurado profesional o pasado mércores, 5 de xuño, entre as máis de 60 propostas presentadas a este concurso. A gañadora recibiu un premio valorado en 300 euros, composto por diiverso material de debuxo para que siga espalladando a súa creatividade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/carmen-basadre-entrega-o-premio-creadora-de-o-san-froilan-baixo-lua-cartel-anunciador-do-san