Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cántigas e Frores actuará para celebrar en Lugo o Día Nacional de Galicia

Cántigas e Frores actuará para celebrar en Lugo o Día Nacional de Galicia

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Luns, 21 de xullo de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O 25 de xullo toda Galicia estará a celebrar a festa de Santiago Apóstol e o Concello de Lugo únese á festividade organizando unha actuación da asociación cultural Cántigas e Frores.

O grupo, que é unha das agrupacións máis antigas e máis consolidadas da cidade, fará disfrutar ao público coa súa coral, grupo de danzas e grupo de gaitas. O seu repertorio popular, de música e danza con raíces, será o especial homenaxe de Lugo ao patrono de España.

Non faltarán pezas como as muiñeiras, pandeiradas, pasodobles, rumbas ou xotas que encherán de ritmo a Praza Maior a partir das 12:30 horas do vindeiro venres.

Cántigas e Frores ven de participar na viaxe cultural, empresarial e institucional a China celebrada o pasado mes de xuño. Nesta viaxe os catro representantes da asociación levaron ata a Gran Muralla China a música tradicional galega.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cantigas-e-frores-actuara-para-celebrar-en-lugo-o-dia-nacional-de-galicia