Cambio programación do Arde Lvcvs Cvltvral
- Tema
- Cultura e Turismo,
- Programación cultural,
- Xestión cultural
Por motivos axenos á organización, a charla prevista, dentro da programación do Arde Lvcvs Cvltvral, para mañá mércores, 30 de setembro, de Antonio Rodríguez Colmenero, sobre O faro romano de Brigantium Flavium e a súra relación coa cidade de Lucus Augusti, aprázase ao 30 de outubro, sendo a encargada de dirixir a ponencia de mañá Almudena Santos González, coa conferencia Sembrando novos retos para un Arde Lvcvs europeo.
Ponencias do Arde Lvcvs Cvltvral
30 de setembro
- Almudena Santos González. Graduada en Turismo.
- SEMBRANDO NOVOS RETOS PARA UN ARDE LVCVS EUROPEO.
30 de outubro
- Antonio Rodríguez Colmenero.Cadeirádego emérito e profesor investigador ad honorem da USC.
- O FARO ROMANO DE BRIGANTIUM FLAVIUM E A SÚA RELACIÓN COA CIDADE DE LUCUS AUGUSTI.
30 de novembro
- Ana Goy Diz. Cadeirádega de Historia do Arte da USC.
- POSIBILIDADES DE INTERVENCIÓN NO EDIFICIO DO CUARTEL DE SAN FERNANDO TRAS A DECLARACIÓN DE BIC.
30 de decembro
- Gabriel Castelló Alonso. Escritor de novela histórica.
- GUERRAS CIVILES ROMANAS EN HISPANIA.
A concelleira quixo destacar a “implicación das asociacións” para manter as actividades culturais previstas, para, por un lado, manter o espírito e a chama da celebración. “Debemos reiventarnos por unha cuestión anímica, de insuflar optimismo á veciñanza” e quixo agradecer de novo “o gran traballo realizado polas 19 asociacións de recreacións histórica do municipio e a cidadanía en xeral, que se involucran ano tras ano no Arde Lvcvs e no Arde Lvcvs Cvltvral”.