Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cambio no horario da Oficina Municipal de Turismo e na rede museística do Concello durante o verán

Cambio no horario da Oficina Municipal de Turismo e na rede museística do Concello durante o verán

Como novidades deste verán destaca a ampliación do horario de apertura de San Roque e Porta Miñá, pois tamén abren os mércores e os domingos pola tarde. En todos os centros da rede de museos municipiais a entrada é totalmente gratuíta

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Museos e exposicións
Venres, 22 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer os horarios de verán da Oficina Municipal de Turismo e da rede museística do Concello, que estarán vixentes ata o 12 de outubro.

Tal e como indicou a edil, o Centro da Interpretación da Muralla e Oficina Municipal de Turismo abrirá os luns, martes e mércores, de 11:00 a 13:30 horas, e de 17:00 a 19:30 horas. Os xoves, venres e sábado, o horario será ininterrompido de 11:00 a 19:30 horas e os domingos, de 11:00 a 18:00 horas.

Pola súa banda, a Casa dos Mosaicos abrirá de martes a sábado, en xornada de mañá de 11:00 a 13:30 horas, e de tarde, de 16:00 a 19:30 horas. Os domingos será de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.

No que se refire ao Centro Arqueolóxcio San Roque e á Sala de Exposicións de Porta Miñá, o horario é de mércores a sábado, de 11:30 a 13:30 horas, e de 17:00 a 19:00 horas; e os domingos, de 11:30 a 13:30 horas, e de 17:00 a 19:00 horas.

Para rematar, o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) permanecerá aberto no seguinte horario: de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas, e domingos só en xornada de tarde.
 
Como novidades no horario deste verán destaca a ampliación do horario de apertura de San Roque e Porta Miñá, pois tamén abren os mércores e os domingos pola tarde. En todos os centros da rede de museos municipiais a entrada é totalmente gratuíta.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cambio-no-horario-da-oficina-municipal-de-turismo-e-na-rede-museistica-do-concello-durante-o