Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > As Caldas do Miño rexistran preto de 3.600 usuarios no seu primeiro mes da apertura, un 15% procedente de fóra de Lugo

As Caldas do Miño rexistran preto de 3.600 usuarios no seu primeiro mes da apertura, un 15% procedente de fóra de Lugo

Os dous días de maior afluencia foron o 6 e o 17 de abril, cunha media de 166 e 153 persoas de media. En Semana Santa, o 40% dos usuarios foron foráneos.

O 75 % das persoas que se achegan ata as novas infraestruturas o fan en parella, grupos de familiares ou de amigos e un 25% de maneira individual.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística,
    • Programación cultural,
    • Desenvolvemento local,
    • Infraestruturas,
    • Auga
Xoves, 20 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As Caldas do Miño rexistran preto de 3.600 usuarios no seu primeiro mes da apertura, un 15% procedente de fóra de Lugo

No primeiro mes da apertura das Caldas do Miño, o balance ascende a preto de 3.600 usuarios, que son os rexistrados na aplicación de reservas municipal. Os dous días de maior afluencia foron o 6 de abril (Semana Santa) e o 17 de abril, cunha media de 166 e 153 persoas respectivamente.

Sobre o perfil das persoas que acoden a esta nova infraestrutura, o 75 % das persoas que se achegan o fan en parella ou en grupos de familiares ou de amigos, e un 25% acoden de maneira individual.

As Caldas, segundo explicara a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, naceron co obxectivo de ser  un gran revulsivo cultural, ao estar inspiradas nas termas romanas, e un novo recurso turístico, xa que moi preto pasa o Camiño Primitivo, polo que poden converterse nunha  etapa de parada e de descanso para os peregrinos que escollen este itinerario xacobeo, así como para a atracción de visitantes vinculados ao turismo de experiencias, que se atopa en auxe e que permitirá captar un turismo de calidade.

Neste sentido, os datos tamén reflicten, que dos usuarios, unha media dun 15% proceden de fóra do municipio, cifra que ascendeu a un 40% nesta Semana Santa.

As Caldas do Miño están abertas todos os días da semana en horario de 10.00 a 22.00 horas. Para o seu uso, o Concello habilitou unha aplicación de descarga gratuíta, dispoñible tanto para IOS como para Android, a través da que será posible reservar praza. A persoa que realice a reserva poderá solicitar ata catro prazas, podendo reservar un mesmo usuario ata un máximo de tres veces á semana. As franxas horarias serán dunha hora e media de duración dentro da instalación.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/caldas-do-mino-rexistran-preto-de-3600-usuarios-no-seu-primeiro-mes-da-apertura-un-15