Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A brigada municipal de obras repara beirarrúas en Aquilino Iglesias Alvariño

A brigada municipal de obras repara beirarrúas en Aquilino Iglesias Alvariño

Alexandre Penas: “debemos destacar a labor que realiza a brigada, que permite facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloran a calidade de vida das veciñas e veciños”

A maior parte das actuacións de mantemento que realiza a brigada chegan mediante avisos veciñais

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Urbanismo
Xoves, 17 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A brigada municipal de obras repara beirarrúas en Aquilino Iglesias Alvariño

O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, xunto co Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, visitaron ao persoal da brigada municipal de obras, que está a renovar treitos da beirarrúa de Aquilino Iglesias Alvariño que se atopan en mal estado. “Trátase dunha zona na que desde a concellería de Infraestruturas levamos realizando distintas intervencións para mellorar a contorna”, explicou Alexandre Penas, que destacou a realización de pasos de peóns elevados ou o repintado da sinalización horizontal que se levaron a cabo nos últimos meses.

“Esta brigada realiza unha importante labor de reparación nas distintas infraestruturas do concello e no mantemento da cidade”, explicou Alexandre Penas. Coa brigada, o concello de Lugo e a concellería de Infraestruturas urbanas traballan para garantir as boas condicións de distintos servizos públicos e melloran a calidade de vida e o benestar da veciñanza. “É importante lembrar a importancia da brigada de obras, que permite facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloran a calidade de vida das veciñas e veciños”, declarou Alexandre Penas.

O edil de Infraestruturas Urbanas lembrou a importancia de que a veciñanza faga chegar as súas necesidades ás distintas áreas do goberno municipal. “As veciñas e veciños de cada zona saben de primeira man as necesidades da súa zona”, explicou Alexandre Penas, que engadiu “moitas veces trátanse de pequenos arranxos, que a brigada municipal de obras trata de resolver no menor tempo posíbel para garantir o bo estado da cidade”.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre a brigada de obras | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/brigada-municipal-de-obras-repara-beirarruas-en-aquilino-iglesias-alvarino

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/201217_alexandre_penas_brigada_de_obras.mp3