Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Brigada Municipal de Obras refórzase con cinco novos traballadores

A Brigada Municipal de Obras refórzase con cinco novos traballadores

Ata o de agora eran só dúas persoas as encargadas do mantemento de toda a cidade

Dentro dos obxectivos do goberno está reforzar os servizos públicos e crear emprego estable e de calidade

  • Tema
    • Desenvolvemento local,
    • Emprego,
    • Emprego público
Venres, 27 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Brigada Municipal de Obras refórzase con cinco novos traballadores

O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, supervisou no día de hoxe o traballo do novo persoal de reforzo da brigada municipal de obras, que se incorporou no día de hoxe. A brigada, que ata o de agora estaba formada por dúas persoas, pasará a contar con 7 traballadores que, segundo o concelleiro, “traballará na reparación das distintas infraestruturas do concello e no mantemento da cidade”. “Dentro dos obxectivos do goberno está reforzar os servizos públicos e crear emprego estable e de calidade na plantilla municipal”, indicou Penas.       

Co reforzo da brigada, o concello de Lugo e a Área de Infraestruturas garanten as boas condicións de distintos servizos públicos e melloran a calidade de vida e o benestar da veciñanza. Alexandre Penas indicou que “a brigada de obras permítenos facer moitas actuacións sen grandes gastos que melloren a calidade de vida das persoas”.

Audio

  • O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre a Brigada Municipal de Obras | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/brigada-municipal-de-obras-reforzase-con-cinco-novos-traballadores

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/gl/sites/default/files/users/user42478/190927_alexandre_penas_brigada_de_obras.mp3