Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A brigada de obras realizou varias intervencións en Fontiñas

A brigada de obras realizou varias intervencións en Fontiñas

Alexandre Penas: “hai que destacar a labor que realiza a brigada, que permite facer moitas actuacións para facer un Lugo máis humano e accesíbel”

Mellorouse a accesibilidade da zona e complementase coa intervención artística na contorna do ascensor

 
  • Tema
    • Infraestruturas
Luns, 14 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A brigada de obras realizou varias intervencións en Fontiñas

O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, deu conta no día de hoxe as actuacións realizadas pola brigada de obras na zona das Fontiñas, no que reflectiu a labor deste equipo municipal o que “ a súa acción é dar maior accesibilidade a todas as veciñas e veciños de Lugo” recalcou Alexandre Penas.

Este servizo público eficaz e de calidade pon en marcha moitos dos proxectos que fan a vida máis sinxela e ofrecen un maior benestar á veciñanza de Lugo, garantindo o mantemento das instalacións e espazos como a execución de melloras.

As intervencións realizadas na avenida das Fontiñas como a mellora no ascensor e os rebaixes nas beirarrúas supoñen que “as persoas con mobilidade reducida poidan trasladarse sen problemas por esta vía” sinalou o edil Alexandre Penas.

O concelleiro de infraestruturas tamén sinalou que “seguimos poñendo cor e cultura en Lugo con artistas locais, neste caso con Concepto Circo nas escaleiras do ascensor desta vía”.

Audio

  • Alexandre Penas, sobre varias intervencións en Fontiñas | Descargar mp3 [1]
 

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/brigada-de-obras-realizou-varias-intervencions-en-fontinas

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/201214_alexandre_penas_fontinas.mp3