Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A biblioteca municipal acolle o vindeiro mércores Flipa cos contos, “un espectáculo unipersoal... Ou non”

A biblioteca municipal acolle o vindeiro mércores Flipa cos contos, “un espectáculo unipersoal... Ou non”

Flipa cos contos é o último espectáculo dos programas de animación á lectura e contacontos do 2019

Maite Ferreiro: “estamos xa a traballar no programa de animación á lectura de 2020, despois do éxito deste trimestre”

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Martes, 19 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A biblioteca municipal acolle o vindeiro mércores Flipa cos contos, “un espectáculo unipersoal... Ou non”

O programa de animación á lectura e contacontos da Biblioteca Municipal Isidro Novo remata o vindeiro mércores, 20 de novembro, despois de  6 espectáculos para nenas e nenos de distintas idades. Flipa cos contos, de Bandullo Azul, será o espectáculo encargado de rematar o programa neste 2019. Segundo indicou Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, “estamos xa a traballar no programa de animación á lectura do 2020, o cal agardamos que, despois do éxito deste trimestre, continúe a achegar a lectura ás nenas e nenos de Lugo”.

Flipa cos contos é un espectáculo de contos para toda a familia, onde as historias tradicionais, a música e o humor se reparten entre os dous contadores que soben ao escenario, o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional, a súa experiencia.

Esta sesión de contos populares terá lugar este mércores, 20 de novembro ás 18:30. O espectáculo, recomendado para nenas e nenos a partir de 4 anos, estará limitado a 40 asistentes e terá unha duración aproximada de 50 minutos.

Audio

  • Maite Ferreiro, sobre a animación á lectura | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/biblioteca-municipal-acolle-o-vindeiro-mercores-flipa-cos-contos-un-espectaculo-unipersoal-ou

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/191119_maite_ferreiro_animacion_lectura.mp3