Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Benestar Social reforzará o asesoramento na súa Oficina de Inmigración para as mulleres estranxeiras vítimas de maltrato, abuso sexual e trata, ante os cambios lexislativos

Benestar Social reforzará o asesoramento na súa Oficina de Inmigración para as mulleres estranxeiras vítimas de maltrato, abuso sexual e trata, ante os cambios lexislativos

A concelleira de Benestar Social e Maiores, Olga López Racamonde, participou nas xornadas convocadas pola Subdelegación do Goberno para informar das modificacións que introducirá, desde o próximo 20 de maio, o novo Regulamento de Estranxeiría. 

López Racamonde fala da importancia de “asesorar a estas mulleres dos cambios que lles benefician coa nova lei, para por exemplo favorecer o reagrupamento familiar ou para solicitar os permisos de residencia e traballo”.

Lembra que a Oficina de Inmigración, dependente de Benestar Social, pode avanzar na tramitación destas solicitudes, que son competencia da Subdelegación do Goberno.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Igualdade,
    • Igualdade de dereitos,
    • Violencia de xénero,
    • Inclusión
Martes, 18 de marzo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Benestar Social reforzará o asesoramento na súa Oficina de Inmigración para as mulleres estranxeiras vítimas de maltrato, abuso sexual e trata, ante os cambios lexislativos

A Oficina de Inmigración dependente da Concellería de Benestar Social e Maiores do Concello de Lugo reforzará o seu labor de asesoramento, co obxectivo de informar e axudar na tramitación de solicitudes ás mulleres estranxeiras vítimas de maltrato, abuso sexual ou trata de seres humanos, ante os cambios lexislativos que introducirá o novo Regulamento de Estranxeiría, que entrará en vigor o vindeiro 20 de maio. Así o explicou esta mañá a edil Olga López Racamonde, responsable desta área no Goberno Local, quen participou nunhas xornadas convocadas pola Subdelegación do Goberno para abordar os cambios deste novo Regulamento de Estranxeiría e insistiu na importancia de “asesorar a estas mulleres das modificacións lexislativas que lles benefician para, por exemplo, pedir o reagrupamento familiar ou que introducen variacións nos casos de asilo político”.

Olga López Racamonde explicou, ademais, que este cambios lexislativos “permitirán prestar un maior apoio ás mulleres inmigrantes que son vítimas de maltrato; que sufriron abuso sexual ou que sexan vítimas de trata de seres humanos. As mulleres inmigrantes que estean neses tres supostos contarán cun maior respaldo lexislativo e creo que é importante lembrar que desde a Oficina Municipal de Inmigración podemos prestar ese asesoramento e avanzar na tramitación de solicitudes que queiran cursar ante a Subdelegación do Goberno”.

A edil de Benestar Social e Maiores tomou parte nestas xornadas informativas sobre os cambios normativos no regulamento de estranxeiría que “reforzan os dereitos das mulleres migrantes vítimas de violencia de xénero e violencia sexual para a obtención dos permisos temporais de residencia e traballo”, sinalou a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, na apertura desta actividade formativa, que enmárcase dentro da programación polo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.

Ao respecto das modificacións, Olga López Racamonde explicou que “os servizos municipais, serán moi importantes, posto que os seus informes terán validez para, por exemplo, determinar a condición de vítima das mulleres que se atopen nalgúns dos casos sinalados”. A edil de Benestar Social e Maiores lembrou que esta Oficina de Inmigración xa viña prestando este tipo de asesoramento nas súas dependencias do edificio do Seminario, no centro de servicios municipais.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/benestar-social-reforzara-o-asesoramento-na-sua-oficina-de-inmigracion-para-mulleres