Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Benestar Social organiza dous bailes de Nadal gratuítos que terán lugar os vindeiros domingos

Benestar Social organiza dous bailes de Nadal gratuítos que terán lugar os vindeiros domingos

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, lembra que nos vindeiros días celebraranse dous Bailes de Nadal, incluídos dentro da programación que organiza o departamento de animación sociocultural.

  • Tema
    • Benestar social
Venres, 26 de decembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Terán lugar os domingos 28 de decembro e 4 de xaneiro no Mercado Municipal (rúa Quiroga Ballesteros, s/n). Darán comezo ás 18:00 e rematarán ás 20:00. O acceso aos bailes, que contarán con música en directo, é libre e gratuíto.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/benestar-social-organiza-dous-bailes-de-nadal-gratuitos-que-teran-lugar-os-vindeiros-domingos