Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Benestar reforza polo COVID 19 o Fogar do Transeúnte para atender a un maior número de persoas vulnerables

Benestar reforza polo COVID 19 o Fogar do Transeúnte para atender a un maior número de persoas vulnerables

A concelleria de Benestar, Olga López, fixa como obxectivo atender a demanda de xantar e tamén de pernocta para “que non teñan que transitar polas rúas”

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Benestar social,
    • Centros sociais,
    • COVID-19,
    • Protección da comunidade
Domingo, 15 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A concellaría de Benestar, Inclusión e Maiores do Concello de Lugo reforzará a asistencia do Fogar do Transeúnte para poder atender a un maior número de persoas vulnerables ante a situación de crisis sanitaria provocada polo coronavirus COVID 19.

O obxectivo do Goberno de Lara Méndez é, segundo avanzou a edil responsable, Olga López, que ninguén dos usuarios habituais e dos novos casos que se poidan dar queden sen xantar e para iso estableceranse quendas de xeito que non estean xuntas máis de 20 persoas en cada unha delas.

Outro dos fins que se persegue con este reforzo e procurar reter a aquelas persoas sen recursos que non teñen onde pernoctar. “Debemos procurar que queden no centro e que nos transiten polas rúas e evitar así un posible contaxio, porque moitas delas son colectivos de risco”, sostivo Olga López. Para iso, a concellaría habilitará novos espazos con camas a medida que xurda a demanda.

Audio

  • A concelleira de Benestar, Inclusión e Maiores, Olga López, sobre o reforzo polo COVID 19 no Fogar do Transeúnte | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/benestar-reforza-polo-covid-19-o-fogar-do-transeunte-para-atender-un-maior-numero-de-persoas

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/160320_olga_lopez_-_fogar_do_transeunte.mp3