Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Benestar colabora con ACADAR para levar a cabo catro obradoiros, dirixidos a mulleres con discapacidade

Benestar colabora con ACADAR para levar a cabo catro obradoiros, dirixidos a mulleres con discapacidade

Para máis información sobre o programa ou inscricións, as mulleres interesadas poden poñerse en contacto con ACADAR a través do enderezo electrónico info@acadar.org [1] ou no teléfono 674073092.

Os obradoiros terán lugar no centro de convivencia Uxío Novoneyra, nos meses de agosto e setembro.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Centros sociais,
    • Igualdade,
    • Accesibilidade
Venres, 13 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Benestar colabora con ACADAR para levar a cabo catro obradoiros, dirixidos a mulleres con discapacidade

A Concelleira de Benestar, Olga López, informou no día de hoxe que nos meses de agosto e setembro terán lugar catro obradoiros, con actividades organizadas por ACADAR en colaboración co Concello de Lugo, dirixidas a mulleres con discapacidade.

Este programa “Emprego e saúde a través do empoderamento” ten como obxectivo procurar a mellora da calidade de vida das mulleres con discapacidade do Concello de Lugo, fomentando a adquisición de hábitos de vida saudables e o reforzamento das habilidades persoais para a busca de emprego, potenciando a autoestima e o autoconcepto positivo das participantes.

Realizaranse catro obradoiros nos que se traballará a sexualidade feminina, o manexo da TIC (Tecnoloxía da Información e Comunicación), habilidades de comunicación e a autoestima e autoconcepto. Os obradoiros serán de 10.00h  a 13.00h, os días 23, 25 e 30 de agosto e no mes de setembro, no mesmo horario os días 1, 6, 8, 13 e 15, en dúas quendas, os luns e mércores.

Acadar:

ACADAR foi constituída no 2009 por un grupo de mulleres con inquietudes e desexos comúns de alcanzar a igualdade efectiva de oportunidades das mulleres con discapacidade de Galicia. É unha entidade que carece expresamente de ánimo de lucro e que promove, coordina e reivindica a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade cara a súa plena integración e participación en tódolos ámbitos da sociedade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/benestar-colabora-con-acadar-para-levar-cabo-catro-obradoiros-dirixidos-mulleres-con

Ligazóns:
[1] mailto:info@acadar.org