Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Banda Municipal recupera a voz no último día do San Froilán

A Banda Municipal recupera a voz no último día do San Froilán

O concerto “Dende a Terra cara a Emigración”  relizou unha viaxe por ritmos e melodías de Galiza, Cuba, Venezuela, etc.

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Música
Sábado, 12 de outubro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Banda Municipal recupera a voz no último día do San Froilán

Durante a mañá de hoxe, a Banda Municipal encheu a praza de Santa María despois de tres anos sen tocar no San Froilán. Baixo o título “Dende a Terra cara a Emigración”, a Banda tocou músicas galegas e dos países que goreceron aos nosos. Unha viaxe polos ritmos, melodías, aires e bailes de Galiza, Cuba, Venezuela, etc. E que dun xeito ou outro forman parte da memoria das galegas e galegos.

 “Dende a Terra cara a Emigración” estivo dividido en dúas partes. Comezou con “Da Terra”, onde se interpretaron Lugo Ferrol, de Gregorio Baudot, Andante. Sinfonía Nº 2 “Nas montañas de Galiza”, de Andrés Gaos con arranxo de Hernán Naval e A Lenda de Montelongo de Bernardo del Río.

 Dentro do bloque “Da Emigración”, a Banda comezou interpretando Abertura Cubana, de George Gershwin con arranxos de Martin Koekelkoren, Amapola, de José M. Lacalle, Joropo, de Moisés Moleiro e Sing, Sing, Sing, de Louis Palma, todas estas con arranxos de Naohiro Iwai.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/banda-municipal-recupera-voz-no-ultimo-dia-do-san-froilan