Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Banda Municipal de Música continúa a preparar o concerto do 12 de outubro

A Banda Municipal de Música continúa a preparar o concerto do 12 de outubro

O concerto da banda celebrarase o día 12 no marco das festas de San Froilán

Maite Ferreiro fixo fincapé na súa disposición a aclarar calquera dúbida que poida xurdir en canto á actuación da Banda

  • Tema
    • Programación cultural,
    • Música
Mércores, 25 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Banda Municipal de Música continúa a preparar o concerto do 12 de outubro O concerto da banda celebrarase o día 12 no marco das festas de San Froilán

Maite Ferreiro reuniuse esta mañá cos integrantes da Banda Municipal para aclarar como se está a levar proceso previo ao concerto do vindeiro día 12. Os ensaios continúan con total normalidade baixo a batuta do director convidado. Maite Ferreiro declarou que “o camiño fácil sería deixar desaparecer a Banda pero dende o goberno local seguiremos traballando para que a Banda poida seguir a soar nesta cidade”, e engadiu “o preocupante debería ser que a Banda Municipal non tocase nas festas do San Froilán”.

Maite Ferreiro mostrou a dispoñibilidade da área de cultura para “aclarar calquera tipo de dúbida que poida surxir en canto á actuación da Banda no San Froilán” e destacou o “compromiso” do goberno local e a disposición dos membros da banda para continuar a realizar novos concertos no futuro.

Xunta de Goberno

Maite Ferreiro indicou que no día de hoxe a Xunta de Gobenro local aprobou as bases para cubrir as baixas e ausencias do persoal docente da Escola Municipal de Música, integrantes tamén da Banda Municipal.

Audio

  • Maite Ferreiro, sobre a actuación da Banda Municipal | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/banda-municipal-de-musica-continua-preparar-o-concerto-do-12-de-outubro-o-concerto-da-banda

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/190925_maite_ferreiro_banda_municipal.mp3