Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Banda municipal actúa este domingo na Praza Maior

A Banda municipal actúa este domingo na Praza Maior

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Venres, 31 de xaneiro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, que dirixe Carmen Basadre, organiza este domingo un concerto da Banda Municipal de Lugo.

A Banda actuará ás 12.30 horas na Praza Maior e ofrecerá o seguinte programa:

- “Os trompetas”, pasodobre de Montes
- “Balada e muiñeira”, de Montes
- “O baile de Luis Alonso”, intermedio de Giménez
- “Rapsodia galega”, andante-alborada de Montes
- “Lonxe da terriña”, balada de Montes
- “O asombro de Damasco”, selección de Luna
- “Posaunon bravour”, de Loffler.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/banda-municipal-actua-este-domingo-na-praza-maior