Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Axentes da Policía Local deteñen un individuo, implicado nun accidente de circulación, por un delito contra a seguridade do tráfico

Axentes da Policía Local deteñen un individuo, implicado nun accidente de circulación, por un delito contra a seguridade do tráfico

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Axentes do equipo de atestados da Policía Local detiveron un individuo como presunto autor dun delito contra a seguridade do tráfico por conducir baixo os efectos do alcohol.

Os feitos ocorreron ás 20,35 horas de onte, día 3 de xuño, na rúa Reiseñor. O turismo LU1675V, conducido por A.M.P., de 54 anos veciño desta cidade, colisionou contra o turismo estacionado 0974 DBD.
Unha persoa que se atopaba dentro do vehículo estacionado foi trasladada ó Hospital Xeral para ser atendida por feridas leves.

Os gardas comprobaron que A.M.P. presentaba síntomas evidentes de estar baixo o efecto de bebidas alcohólicas polo que lle practicaron as preceptivas probas, arroxando un resultado positivo de 1,20 mg/l.
O equipo de atestados tamén puido comprobar que este individuo tiña o permiso de conducción retirado por sentencia xudicial.

O detido foi trasladado á Comisaría de Policía Nacional e, esta mañá, pasou a disposición xudicial.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/axentes-da-policia-local-detenen-un-individuo-implicado-nun-accidente-de-circulacion-por-un