Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Axentes da Policía Local deteñen un individuo como presunto autor dun intento de agresión con arma blanca a un mozo

Axentes da Policía Local deteñen un individuo como presunto autor dun intento de agresión con arma blanca a un mozo

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Axentes da Policía Local detiveron onte, día 14 de maio, ás 20.27 horas, na rúa Lamas de Prado, un individuo como presunto autor dun intento de agresión con arma blanca. Segundo denunciou a vítima ós axentes, cando ésta se encontraba nun bar sito na rúa Lamas de prado o home, que posteriormente identificou, intentou clavarlle unha navalla.
O detido, J.C.B., de 61 anos e veciño de A Coruña foi trasladado a Comisaría de Policía á espera de pasar a disposición xudicial.
O denunciante, un mozo de 26 anos, veciño de Lugo informou os axentes que o agresor deixara a navalla no bar.
Os gardas incautáronse dunha navalla de 9 cm que presumiblemente pertencía o detido.
A Policía está a investigar as causas que motivaron estes feitos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/axentes-da-policia-local-detenen-un-individuo-como-presunto-autor-dun-intento-de-agresion-con