Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Avanzan as obras de mellora do viario municipal que comunica dúas parroquias por Abeledo e Recimil

Avanzan as obras de mellora do viario municipal que comunica dúas parroquias por Abeledo e Recimil

O concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, supervisou a actuación, da que se beneficiaran directamente preto de medio milleiro de veciños da zona.

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Medio rural
Sábado, 08 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Avanzan as obras de mellora do viario municipal que comunica dúas parroquias por Abeledo e Recimil

O edil responsable de Medio Rural, Miguel Fernández, supervisou o avance das tarefas de mellora do firme do camiño de titularidade municipal que comunica os núcleos de Abeledo, na parroquia de Santa María de Bóveda, e Recimil, en San Lourenzo.

A obra, na que se invisten 54.825 euros, enmárcase no Plan Único Provincial de Cooperación. “O viario é moi transitado e a súa mellora beneficiará directamente a medio milleiros de veciñoas da zona”, segundo explicou Miguel Fernández.

O edil explicou que a actuación consistirá na limpeza e formación de cunetas para facilitar a circulación de augas de escorrentía, na extensión dunha capa de rodadura de mestura asfáltica en quente, previa regularización da superficie nas zonas máis deformadas ou con baches, e na sinalización horizontal e vertical no ámbito de actuación.

Audio

  • O edil de Medio Rural, Miguel Fernández, sobre as obras de Abeledo e Recimil | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/avanzan-obras-de-mellora-do-viario-municipal-que-comunica-duas-parroquias-por-abeledo-e

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/080521_obras_abeledo_e_recimil_-_miguel_fernandez.mp3