Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Avanza a execución do plan Life Lugo+Biodinámico na reunión dos comités de dirección e seguimento

Avanza a execución do plan Life Lugo+Biodinámico na reunión dos comités de dirección e seguimento

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Medio ambiente
Venres, 28 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Avanza a execución do plan Life Lugo+Biodinámico na reunión dos comités de dirección e seguimento

O edificio de Novas Tecnoloxías acolleu este venres unha nova reunión dos comités de dirección e seguimento do Life Lugo+Biodinámico, o proxecto de 3,5M€ financiado con fondos europeos que conseguiu o Goberno do Concello e grazas ao que está a desenvolver novidosas iniciativas en favor dun urbanismo sostible e dun mellor aproveitamento forestal, a nivel económico e ambiental, introducindo mesmo un novo modelo productivo a través do uso da madeira como elemento estrutural de construción, o que mellorará a calidade de vida da veciñanza e abrirá novas oportunidades económicas. Entre as actuacións que o Concello impulsa a través deste programa, un dos instrumentos co que o Goberno de Lara Méndez está a materializar o seu modelo de cidade, estase a crear un novo pulmón verde urbano coa plantación de 15.000 árbores de 60 especies distintas en 14 hectáreas de terreos públicos na zona das Gándaras. Ademais, ao abeiro do Lugo+Biodinámico, construirase o primeiro edificio público de Galicia de madeira e que se abasteza integramente de enerxía sostible.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/avanza-execucion-do-plan-life-lugobiodinamico-na-reunion-dos-comites-de-direccion-e-seguimento