Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > As Aulas Abertas do Concello buscan conciliar a vida familiar e laboral das familias lucenses con 540 prazas este verán

As Aulas Abertas do Concello buscan conciliar a vida familiar e laboral das familias lucenses con 540 prazas este verán

Ana González Abelleira mantivo un encontro este venres cos cativos e cativas que están a participar nesta iniciativa no Centro de Convivencia Maruja Mallo

  • Tema
    • Educación,
    • Centros de ensino
Venres, 14 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As Aulas Abertas do Concello buscan conciliar a vida familiar e laboral das familias lucenses con 540 prazas este verán

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, mantivo un encontro este venres cos cativos e cativas que están a participar nas Aulas Abertas do Centro de Convivencia Maruja Mallo, unha programación posta en marcha pola entidade local nos períodos de vacacións para facilitar a conciliación laboral e familiar.

Con estas actividades, que tamén teñen lugar nos centros Uxío Novoneyra, Lamas de Prado, Milagrosa, Fingoi e María Balteira, o Concello ofrece 540 prazas para os cativos e cativas lucenses, entre os meses de xullo e agosto, de entre 3 e 7 anos. As Aulas Abertas, que buscan ofrecer unha alternativa máis aos máis pequenos da casa ao longo do verán e que lles facilita que se manteñan en contacto con outros nenos e nenas da súa idade, rematarán o 31 de agosto.

Durante o encontro, Ana González Abelleira presenciou unhas demostracións de coreografías musicais realizadas polos propios nenos e nenas que participan nestas actividades.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/aulas-abertas-do-concello-buscan-conciliar-vida-familiar-e-laboral-das-familias-lucenses-con